Ola a tod@s!

Ola a tod@s!

miércoles, 4 de mayo de 2016

AS PROFESIÓNS: TORNEIROS

             Embarcados nun proxecto sobre as profesións dende o triemstre pasado, que nos está axudando a descubrir que queremos ser de maiores :) non podiamos ter mellor visita no cole: ós torneiros!!!!! Os homes que se dedican a construir cerámica de barro e que...se parecen algo a nós, que xa tiñamos experiencia con este material tras os regalos da nai e do pai:)


          A verdade, é que foi un dos mellores días no cole, gústanos ir de excursión ou ir ver cousas á Picota, pero esta actividade tan interactiva onde puidemos participar metendo as "mans na masa", encantoulles a tódolos Laranxinhos que estiveron moi participativos! Cada un deles probou o torno e o que se sentía facendo subir e abrindo a masa de barro mentres daba voltas...



           Despois, os señores portáronse tan ben, que tiñamos un montón de moldes onde elixir para facer as figuriñas que nos apetecía: platos, estrelas, animais, símbolos...incluso en tres dimensións como as botas!!!! Non nos puidemos resistir e casi todos fixemos polo menos media docena...e porque se nos acabou o tempo, que senón...poderiamos montar una tenda de cerámica!!!



          Agora, as nosas creacións teñen que secar, xa que como é unha cerámica especial, non o fai tan rápido como o barro que temos na clase, aprendimos que este é máis duro,non se parecía tanto á plastilina que tanto nos gusta, e tamén que hai diferentes cores.





          Sorprendeunos, que as pezas que os alfareiros fan, píntanse tamén co chamado "barro de cores", barro mezclado con auga que, segundo o tipo que sexa ou a terra de onde o sacan, ten unha cor máis ou menos marrón. O pincel que usan, tamén é sorprendente....a pluma dunha galiña!!!!! Asi que si algunha vez vedes algunha pita que se está quedando calva...xa sabedes que os Laranxinhos....queren ser torneiros de maiores!:) Así pintadas, regaláronnos este xarrón e un peto para decorar a clase e ter de recordo. MOITAS GRACIAS AMIGOS!
        Agora...toca a esperar á seguinte sorpresa...aínda que xa sabemos porque o marcamos sempre no calendario....que este mes de Maio, co motivo da celebración das Letras Galegas....haberá moitisimos acontecementos....que ben!!!!!!


SAÚDOS LARANXIÑOS!

lunes, 18 de abril de 2016

PARABENS ISMA!!!

       Hoxe estivemos de festa...celebramos o úlimo cumpleanos do curso!!!! E o máis especial xa que foi o de ISMAEL, o "Xefe" dos Laranxiños, o más maior e que para o ano deixaranos para comezar unha nova etapa na Educación Primaria.... 

       Por este motivo, fixemos unha celebración como se merece: con zumos, gusanitos, tarta e moito baile!!!!!!!cantamos o cumpleanos feliz (xa nos atrevimos ata a tararear un pouco en inglés :) e agradecemoslle e moito, os regalos que nos deu que ademais de cargados de gominolas, tiñan un vaso moi bonito!

      Dende aquí, e como titora, tamén agradezco á familia de Ismael o detalle tan bonito que tivo conmigo, MOITAS GRAZAS DE PARTE DE TOD@S!!

       E xa que se portou tan ben...que menos q adicarlle este blog no seu día, máis co que lle gustan a el os ordenadores, estou segura que lle fará moita ilusión verse coma sempre...asi que

 ISMA, QUE XA SABES LER....HOXE NO ORDENADOR...O PROTAGONISTA ERES TI :)

FELICES 6 ANIÑOS!




miércoles, 30 de marzo de 2016

GRAN REMATE DUN TRIMESTRE MOI CORTIÑO!

       Rematamos hoxe o segundo trimestre deste curso 2015-2016, case sen darnos de conta xa que pasou voando, entre Entroido, celebracións de aniversarios, día da Paz...semella que aínda o comezamos fai pouco!!!!




       E para facer máis ameno este final...nada melllor cun TALLER DE COCIÑA!!!! Fai tempo que Laranxinho trouxo á aula un pequeno forno para poder facer realidade algunhas das receitas que vós publicachedes no libro viaxeiro (actividade que comezará o próximo trimestre) asi que...había que estrenalo!
      Nos sabiamos nada, foi unha sorpresa da profe para ter unha celebración da Pascua....moi dulce!   Fixemos croisants e palmeiras, recheas de chocolate...estaban...deliciosas!!!! Solamente que....como rellenabamos unha cuchara para o croissant e outra para a boca...cando estiveron preparados e quentiños...xa non tiñamos fame! Pero o importante é...que o pasamos estupendamente...Aquí van as fotiños e a receita...








CROISSANT DE HOXALDRE
Para oito persoas:
- Unha lámina de hoxaldre redonda.
- Un bote de Nocilloa/Nutella/Crema de cacao.
- Un ovo.
- Azucre.


     
     Cortamos a masa de hoxaldre en oito trozos triangulares e iguais (facendo duas cruces superpostas, como si fora unha pizza). No medio de cada un, botamos unha cucharada da crema de cacao, e a continuación, enrrolamos dende a puntiña do triángulo, ata o final. Por último, batimos o ovo co azúcar e pintámolos coa axuda dun pincel antes de metelos ó forno, de entre 15 a 20 minutos. Cando suban un pouquiño e esteñan doradiños....a comer!!!!!!






PALMEIRAS
- Unha lámina de hoxaldre rectangular.
- Crema de cacao/Nocilla/ Nutella.
- Un ovo.
- Azucre. 




       Exténdese por toda a masa a crema de cacao e despois, vanse enrolando en dúas partes, dende fóra ata o medio, por ambos lados. Cando xa enrolamos toda a masa, córtanse porcións dun centímetro aproximadamente, píntanse co ovo batido con azucre, e lévanse ó forno por 15 minutos.








       Ademáis, de levar a degustación dos exquisitos postres que preparamos, tamén, e xa que o día 19 de Marzo é o día do Pai, lle fixemos un detalliño os nosos papás...un coche para poder colgar as chaves!!!! Nunca traballaramos con barro e gustounos moito, polo que é unha actividade que tamén hai que incorporar máis a miúdo da que disfrutan moito...apuntado queda para á volta!!!








 

     Espero que vos gustara familia, tanto o regalo gastronómico coma o emotivo! Vemonos á volta!!!e...

DISFRUTADE DAS VACACIÓNS!!!

martes, 16 de febrero de 2016

CELEBRAMOS CON LUCÍA E SARAY!

 PARABÉNS PRINCESAS!


         Este mes de Febreiro os Laranxiñ@s celebramos a metade dos cumples da clase...e ademáis de dous en dous!!!! Esta vez tocoulles a Saray e Lucía, que coinciden en que naceron as dúas...o día de San Valentín!!!!seguro que para as súas familias foron o mellor regalo!!! :)

         E regalos tivemos nós e elas tamén, para celebrar que xa cumpriron 4 anos! Coma sempre, música, bailes, bizcocho, larpeiradas...pasamolo moi ben!

       
         Coma en tódalas celebracións...o blog tamén lles desexa moitas felicidades con esta pequena dedicatoria!

FELIZ CUMPREANOS

 

 

LUCIA E SARAY

jueves, 11 de febrero de 2016

Entroido 2016!!!

           Xa pasaron os días de vacacións...voltamos á rutina e agora si que, ata Semana Santa, toca traballar e deixar de lado as celebracións!!!           Este curso, entre o Nadal, a Paz e o Entroido houbo moi pouco tempo e non dábamos feito preparando tantas cousas!!!!
           Porque, aínda que non o pareza, os disfraces teñen moito traballo detrás, pero unha labor na que Laranxinhos e Laranxinhas participan activamente, xa que é unha forma diferente de aprender que lles serve de moito, calquera situación, celebración...é unha realidade educativa, eso non se pode esquecer! Nenas e nenos están aprendendo 24 horas, máis a estas idades!

           Asi que nesta entrada, imos ensinar cómo fixemos os nosos disfraces de paiasiños e cómo celebramos o desfile de Entroido no que este ano...o tempo nos acompañou!!!que alegría poder ir pola rúa mostrando as nosas creacións :)

           Comezamos elixindo as cores para os gorros...e recortando cada un o seu, para facer os conos...
Despois, a Isma ocurriuselle que Laranxinho non tiña disfraz e...pareceunos unha boa idea facerllo...casi casi igualiño que os nosos...non podía ser menos!!!














         Durante os días seguintes, ademáis de decorar os gorros con pompons e gomets, eleximos e fixemos as paxariñas...eran moi pequenas verdade??:)


















































Os disfraces, si que solo puidemos elixir a cor, a profe encargouse de facer o patrón, cortalos e coselos coa axuda de Irene.
Añadir leyenda




















         E o esforzo...mereceu moito a pena!!! Quedaron uns disfraces preciosos, polo menos a nós gustaronnos moito!!!e a vos familias? Esperamos que sí!




         O tempo, ademáis, este ano portouse moi ben e o sol acompañounos para poder saír polas rúas facendo o desfile e queimar o Meco...ou a Meca? este ano cada un tiña a súa opinión. E por último, tivemos a merenda, na que xa moitos de vos participachedes, esperamos que o pasarades moi ben!!! E moitas gracias polas comidiñas que non trouxechedes para probar...estaba todo moi rico!!!









         


























         E así foi todo...moitos días de traballo...para celebrar so por unhas horas unha festiña...pero o importante é a ilusión coa que se fai, e a felicidade das nenas e nenos, participando no proceso de creación dos disfraces e sobre todo...no desfile!!!!!

Moitas gracias!!!