Ola a tod@s!

Ola a tod@s!

lunes, 23 de noviembre de 2015

TALLER DE OUTONO

     


       Aínda que co bo tempo que fixo ata agora casi non nos fixo falta a roupa de abrigo...xa fai meses que comezamos o Outono e a paisaxe cambiou!!!!! 






 
         Os campos cheos de follas de cores que caeron das árbores deixándoas espídas, os erizos, as castañas (das que xa disfrutamos no Magosto), os cogomelos que asoman nos prados... é unha estación moi bonita na que predominan as cores marróns, laranxas e amarelas e na que tamén cambiamos a roupa lixeira polos chubasqueiros, as botas e volvemos a traer o paraugas xa que a choiva comeza a chegar!!!
 










 



          Aproveitando os recursos naturais que encontramos logo por esta estación, comezamos un taller no que colaboraron as familias recollendo follas. 



      
 




    Cando xuntamos ben delas na clase, observámolas, clasificamolas por cores, por tamaños, buscamos as diferencias...e unha vez que xa fixeramos moitas actividades para coñecer as súas características....decidimos que queríamos facer algo con elas para levar un regaliño a casa.






 


Así foi como xurdiu a idea do noso "Mantel de Outono"!






 



          Para facelo, primeiro tivemos que recortar unha base de cartulina, e despois con moita paciencia e imaxinación...pegamos as folliñas unha a unha con moito cuidado!!!





 


        Levounos un par de días, xa que tamén tiñan que secar, e...aínda que xa quedaban moi chulos...o último paso que dimos foi barnizalos xa que...despois do esforzo...tiñan que brillar! 






 

 












            A verdade é que o pasamos de marabilla! aprender mentres facemos actividades  máis plásticas é moi interesante, descubrimos as nosas posibilidades, desenvolvemos a imaxinación, a creatividade, volvemonos máis independentes...é unha aprendizaxe de investigación-acción que nos axuda a gañar confianza en nós mesmos e...a crear obras de arte como desta vez!!!!



 

 













 
 













             Esperamos que vos gustara, o mantel e a nosa entrada no blog!!! Leemonos pronto!
















martes, 3 de noviembre de 2015

OS 8 FANTASMIÑOS de Pino de Val!!!

         Boas familias!!!!!!

    Si!!! O pasado Xoves, 29 de Outubro, no cole de Pino de Val non existiu a clase dos Laranxiños...os 8 FANTASMIÑOS tomaron o control da aula de Infantil!!! :)

    Como sabedes foi día de celebracións, pola mañá fixemos o Samain, e pola tarde o Magosto...demasiada festa para o corpo!!!!! pero como despois viñan uns días de descanso...non había nada que non se puidera remediar cunhas merecidas vacacións, asi que fartamonos de comer e bailar e como non...de asustar a tódolos nosos compañeiros!!!

     En Infantil gústanos moito disfrazarnos e como o libro co que a nosa clase participou no concurso de contos leva por título "Os 8 fantasmiños de Pino de Val", que mellor disfraz co de fantasma!!!...terroríficamente guapisim@s estabamos!


FESTA PRIVADA NA NOSA CLASE :)

FESTA PRIVADA NA NOSA CLASE :)



        Segundo chegamos ó cole, xa nos preparamos para ver o resultado de tantos días de traballo e esforzo facendo os nosos disfraces, e....despois da Asamblea....nos xa comenzamos a danzar cunha festiña privada na clase. No recreo xa nos xuntamos co resto do cole para tomar as galletas típicas do Peto e celebrar todos xuntos.

  




Despois das merendas, votamos unha ollada para decir cales eran as nosas cabazas preferidas, ademáis das nosas, claro! Dende aquí, GRACIAS a tódalas familias participantes!

A toruga Ninja de Rodrigo
O muñeco de Isma
Dobre fantasma con Lucía

A peluca de cores de Andrea (Gañadora)
O gato de Saray




O carro de Sheyla

A boneca divertida de Lauriña
      Entre tódolos profes botaron e, na nosa clase....a gañadora do concurso de cabazas foi....ANDREA!!! que levou un agasallo e o seu diploma! PARABENS!


       Despois dos premios individuais, hai que dicir que tamén gañamos un de grupo, o do noso conto, porque en Infantil facemos todo en equipo!!!

        E despois a tardiña, fixemos uns xogos por equipos, antes de celebrar o Magosto, ó que acudirón as familias e algún que outro compañeir@ que xa está no Instituto, Para que non nos caeran as castañas, fixemos uns saquiños tamén fantasma, aínda que xa non tiñamos disfraz, seguíamos querendo asustar!!! e gustáronlle moito a tódolos compañeiros. Acompañamos a degustación cuns bailes, para rematar así un día longo pero moi divertido. 


















      Antes de rematar con este resume da primeira gran celebración do ano, contarvos que tamén saímos no periódico!!! Facede click neste enlace para vernos!!


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/mazaricos/2015/10/31/agentes-seprona-explicaron-trabajo-ninos-mazaricanos/00031446236259320973872.htm




ATA PRONTO!!!!