Ola a tod@s!

Ola a tod@s!

martes, 15 de diciembre de 2015

Xa pasaron tres meseciños!








 

         Parece que foi onte 11 de Setembro cando nos reencontrabamos de novo e recibiamos con entusiasmo as nosas novas Laranxiñas: Lucía, Saray e Naiara e...case sen darnos conta...xa remata o primeiro trimestre! 

      Dícese que cando o tempo pasa tan rápido, case voando, e porque se está a gusto e todo vai ben, e, como titora de este grupo, estou de acordo con tal afirmación xa que en pouco tempo, xa temos creada a nova familia Laranxiña e comezamos xuntos a cumprir obxectivos, incluso máis do que puidera imaxinar! 

        Por este motivo tamén aproveito dende aquí, e antes de nada, para dar as gracias os verdadeiros protagonistas: Ismael, Lauriña, Andrea, Rodrigo, Lucía, Saray e Naiara, e como non, as súas familias, por unirse nas miñas propostas e camiñar xuntos hacía unha educación que beneficie ó máximo o desenvolvemento dos xa meus chamados, meus pequen@s!

        Veñen agora días de descanso, que tamén son necesarios, de festas, agasallos, cancións, bailes, e persoaxes máxicas como Papa Noel e os Reis Magos...contando cada día canto falta para velos, para sentilos...motivo polo que é unha época de disfrute e non se pide nada máis, que non sexa a súa felicidade. Así que ese é o meu desexo....DISFRUTADE FAMILIAS DAS XUNTANZAS E...AGARDOVOS NO 2016!
Ademáis da reflexión final do ano, na que quería manifestar a miña satisfacción porque creo que tamén é necesario mostrar sentimentos...non podemos rematar sin unha recopilación dalgúns dos momentos vividos durante este trimestre! e tamén, incorporar algunha web que, nos fogares, podedes mirar por si queredes realizar actividades o simplemente...seguir xogando!
 












 











































BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!




Henar.