Ola a tod@s!

Ola a tod@s!

domingo, 30 de noviembre de 2014

Benvidos!

Ola a tod@s: nenas, nenos, compañeir@s, mestres, amig@s e...por suposto...familias!

Antes de nada presentámonos: Somos os Laranxiños do CEIP Plurilingüe Pino de Val! Andrea, Rodrigo, Sheyla, Lauriña, Ismael, Rubén, Rubí, Laura e Samuel, os alumn@s da clase de educación infantil deste cole, e a profe Henar.

Como xa está ahí o Nadal queríamos facervos un agasallo e...que mellor que a creación dun blog! Queríamos dar a coñecer tódalas actividades que levamos a cabo na aula e mantervos informados de cada unha das nosas ocurrencias, e pensamos que a mellor forma era usar as novas tecnoloxías que tanto nos gustan.

A partir de agora iremos colgando fotografías, contos, vídeos, actividades...para facer desta páxina un espazo de aprendizaxe e entretemento da que poidades participar, desexamos que vos guste!

Un bico a tod@s, benvidos!