Ola a tod@s!

Ola a tod@s!

martes, 16 de febrero de 2016

CELEBRAMOS CON LUCÍA E SARAY!

 PARABÉNS PRINCESAS!


         Este mes de Febreiro os Laranxiñ@s celebramos a metade dos cumples da clase...e ademáis de dous en dous!!!! Esta vez tocoulles a Saray e Lucía, que coinciden en que naceron as dúas...o día de San Valentín!!!!seguro que para as súas familias foron o mellor regalo!!! :)

         E regalos tivemos nós e elas tamén, para celebrar que xa cumpriron 4 anos! Coma sempre, música, bailes, bizcocho, larpeiradas...pasamolo moi ben!

       
         Coma en tódalas celebracións...o blog tamén lles desexa moitas felicidades con esta pequena dedicatoria!

FELIZ CUMPREANOS

 

 

LUCIA E SARAY

jueves, 11 de febrero de 2016

Entroido 2016!!!

           Xa pasaron os días de vacacións...voltamos á rutina e agora si que, ata Semana Santa, toca traballar e deixar de lado as celebracións!!!           Este curso, entre o Nadal, a Paz e o Entroido houbo moi pouco tempo e non dábamos feito preparando tantas cousas!!!!
           Porque, aínda que non o pareza, os disfraces teñen moito traballo detrás, pero unha labor na que Laranxinhos e Laranxinhas participan activamente, xa que é unha forma diferente de aprender que lles serve de moito, calquera situación, celebración...é unha realidade educativa, eso non se pode esquecer! Nenas e nenos están aprendendo 24 horas, máis a estas idades!

           Asi que nesta entrada, imos ensinar cómo fixemos os nosos disfraces de paiasiños e cómo celebramos o desfile de Entroido no que este ano...o tempo nos acompañou!!!que alegría poder ir pola rúa mostrando as nosas creacións :)

           Comezamos elixindo as cores para os gorros...e recortando cada un o seu, para facer os conos...
Despois, a Isma ocurriuselle que Laranxinho non tiña disfraz e...pareceunos unha boa idea facerllo...casi casi igualiño que os nosos...non podía ser menos!!!














         Durante os días seguintes, ademáis de decorar os gorros con pompons e gomets, eleximos e fixemos as paxariñas...eran moi pequenas verdade??:)


















































Os disfraces, si que solo puidemos elixir a cor, a profe encargouse de facer o patrón, cortalos e coselos coa axuda de Irene.
Añadir leyenda




















         E o esforzo...mereceu moito a pena!!! Quedaron uns disfraces preciosos, polo menos a nós gustaronnos moito!!!e a vos familias? Esperamos que sí!




         O tempo, ademáis, este ano portouse moi ben e o sol acompañounos para poder saír polas rúas facendo o desfile e queimar o Meco...ou a Meca? este ano cada un tiña a súa opinión. E por último, tivemos a merenda, na que xa moitos de vos participachedes, esperamos que o pasarades moi ben!!! E moitas gracias polas comidiñas que non trouxechedes para probar...estaba todo moi rico!!!









         


























         E así foi todo...moitos días de traballo...para celebrar so por unhas horas unha festiña...pero o importante é a ilusión coa que se fai, e a felicidade das nenas e nenos, participando no proceso de creación dos disfraces e sobre todo...no desfile!!!!!

Moitas gracias!!!
















miércoles, 3 de febrero de 2016

ANDREA E NAIARA....PARABENS!!!!!

Hoxe foi un día especial na aula....festiña no medio da Semana de Entroido!!!!!q alegria!!!!!

O motivo foi que as nosas laranxinhas Andrea e Naiara celebraron o seu cumple....xa son un aniño máis maiores!! Naiariña...unha das novas compis, xa cumpre catro aniños!!!!! e Andrea xa se fai veterana cos seus cinco anos!!!!! 

Celebramolo bailando, cantando e...comendo bizcoito!!!

Pasamolo moi ben e asi nos preparamos para o desfile e a festa deste Venres no que...chega o Entroido!!!! pronto desvelaremos o noso segredo...de que nos disfrazaremos!!!! Damos unha pista e...asi decoramos o cole este ano...porque será?




Saúdos dos laranxinhos!


 PAREBENS PRINCESAS!!!