Ola a tod@s!

Ola a tod@s!

miércoles, 4 de mayo de 2016

AS PROFESIÓNS: TORNEIROS

             Embarcados nun proxecto sobre as profesións dende o triemstre pasado, que nos está axudando a descubrir que queremos ser de maiores :) non podiamos ter mellor visita no cole: ós torneiros!!!!! Os homes que se dedican a construir cerámica de barro e que...se parecen algo a nós, que xa tiñamos experiencia con este material tras os regalos da nai e do pai:)


          A verdade, é que foi un dos mellores días no cole, gústanos ir de excursión ou ir ver cousas á Picota, pero esta actividade tan interactiva onde puidemos participar metendo as "mans na masa", encantoulles a tódolos Laranxinhos que estiveron moi participativos! Cada un deles probou o torno e o que se sentía facendo subir e abrindo a masa de barro mentres daba voltas...



           Despois, os señores portáronse tan ben, que tiñamos un montón de moldes onde elixir para facer as figuriñas que nos apetecía: platos, estrelas, animais, símbolos...incluso en tres dimensións como as botas!!!! Non nos puidemos resistir e casi todos fixemos polo menos media docena...e porque se nos acabou o tempo, que senón...poderiamos montar una tenda de cerámica!!!



          Agora, as nosas creacións teñen que secar, xa que como é unha cerámica especial, non o fai tan rápido como o barro que temos na clase, aprendimos que este é máis duro,non se parecía tanto á plastilina que tanto nos gusta, e tamén que hai diferentes cores.





          Sorprendeunos, que as pezas que os alfareiros fan, píntanse tamén co chamado "barro de cores", barro mezclado con auga que, segundo o tipo que sexa ou a terra de onde o sacan, ten unha cor máis ou menos marrón. O pincel que usan, tamén é sorprendente....a pluma dunha galiña!!!!! Asi que si algunha vez vedes algunha pita que se está quedando calva...xa sabedes que os Laranxinhos....queren ser torneiros de maiores!:) Así pintadas, regaláronnos este xarrón e un peto para decorar a clase e ter de recordo. MOITAS GRACIAS AMIGOS!
        Agora...toca a esperar á seguinte sorpresa...aínda que xa sabemos porque o marcamos sempre no calendario....que este mes de Maio, co motivo da celebración das Letras Galegas....haberá moitisimos acontecementos....que ben!!!!!!


SAÚDOS LARANXIÑOS!